InicioSucesosDetidos dous lucenses de 17 e 20 anos por tentar roubarlle a...

Detidos dous lucenses de 17 e 20 anos por tentar roubarlle a recadación a un repartidor de comida a domicilio

O repartidor puido fuxir e avisar á Policía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a pasada noite a dous mozos de 17 e 20 anos, veciños da cidade de Lugo, por asaltar a un repartidor de comida a domicilio e tentar roubarlle a recadación dunha entrega.

Segundo informa o corpo, os feitos ocorreron na noite do luns a martes na capital provincial. Foi o propio traballador quen chamou á sala do 091 para advertirlle de que dous individuos trataran de atracalo.

Unha dotación da Policía presentouse no lugar e entrevistouse coa vítima, quen lles relatou que os dous mozos pedíranlle diñeiro e, como el non llo entregou, tentaron arrebatarlle a saca coa recadación. Ademais, manifestou que quixeron tiralo da moto para apoderarse do botín, pero que non o conseguiron grazas á rapidez coa que saíu do lugar.

Nese mesmo momento, outras dotacións facían unha batida pola zona para tratar de localizar aos presuntos autores dos feitos. Estes foron localizados nas inmediacións, na rúa do Franco, e trataron de fuxir á carreira cando os policías lles deron o alto.

Tras unha breve persecución, os axentes conseguiron interceptalos e a vítima puido recoñecelos como os autores deste intento de roubo con violencia. Por todo iso, a Policía Nacional procedeu á súa detención e deu conta á Fiscalía de Menores do mozo de 17 anos. O maior, de 20, ingresou no calabozo á espera de que na mañá deste martes sexa remitido ao xulgado xunto ao correspondente ateigado.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...