InicioSucesosDetido un menor por tentar roubarlles o móbil a outros dous mozos...

Detido un menor por tentar roubarlles o móbil a outros dous mozos cando saían do instituto

Está acusado dun delito de roubo con violencia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional de Lugo detivo a un mozo de 16 anos por un delito de roubo con violencia por supostamente asaltar a dous mozos que saían dun instituto da cidade. Segundo informou a Policía, os feitos ocorreron o pasado día 1 á altura da rúa Mariña Española, onde o agora arrestado esixiu aos dous mozos que lles desen o diñeiro que portaban.

“Como lle dixeron que non tiñan, pediulles os teléfonos móbiles, onde comprobou que non houbese diñeiro nas fundas”, sinala a Policía, que apunta que, nese momento, o menor tratou de fuxir do lugar cun dos terminais. Ademais, segundo o relato policial, ameazou de forma “moi agresiva” a un dos asaltados cando este tratou de impedir a súa fuxida. Ante estas cuestións, se personaron en dependencias policiais para efectuar a correspondente denuncia. Tras iso, os axentes puideron determinar a autoría dos feitos.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...