InicioSucesosDenunciadas oito persoas en Lugo por incumprir restricións pola pandemia

Denunciadas oito persoas en Lugo por incumprir restricións pola pandemia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo levantou oito actas de denuncia por incumprimentos de restricións e medidas establecidas para evitar a propagación da pandemia da COVID-19. Fontes municipais detallaron que as denuncias foron cursadas este xoves, cando se intensificaron os dispositivos de control das limitacións impostas pola Consellería de Sanidade pola crise sanitaria.

Deste xeito, levantáronse tres actas tras constatarse o incumprimento da prohibición de entrada e saída do termo municipal de Lugo sen deberse a ningunha das causas consideradas xustificadas.

Tamén se denunciou a dúas persoas por non respectar a normativa imposta para a permanencia de grupos de persoas en espazos públicos. Estas infraccións á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá poden levar a imposición de multas de entre 601 e 30.000 euros.

Adicionalmente, detectáronse infraccións da Lei de Saúde de Galicia, en concreto, tres persoas que transitaron pola vía pública sen utilizar máscara.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...