Home Lugo e contorna Lugo Ferido de consideración un motorista ao chocar contra un turismo en Lugo

Ferido de consideración un motorista ao chocar contra un turismo en Lugo

0
Ferido de consideración un motorista ao chocar contra un turismo en Lugo
Imaxe de arquivo dunha unidade medicalizada do 061 | Sergas

Un motorista resultou ferido de consideración a pasada noite na cidade de Lugo tras sufrir un accidente de circulación ao chocar contra un vehículo.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 22:20 horas da pasada noite na Avenida Garabolos.

Ata a zona desprazáronse efectivos da Policía Local, Bombeiros de Lugo e membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade. Persoal sanitario do 061 atendeu e trasladou o ferido.

+ posts