InicioSucesosDetido por tentar agredir a Policía cun coitelo e unhas tesoiras tras...

Detido por tentar agredir a Policía cun coitelo e unhas tesoiras tras unha rifa familiar

Os axentes lograron agarralo cando ameazaba con tirarse pola xanela e puideron trasladalo ao servizo Psiquiatría do HULA.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional de Lugo detivo na madrugada do domingo un home de 39 anos que tentou arremeter cun coitelo e unhas tesoiras contra os axentes que se presentaron no lugar despois de que a súa familia advertise de que se volvera “tolo” e que os ameazara.

Tras este episodio, segundo informa a Comisaría Provincial, os actuantes conseguiron que lanzase pola xanela os obxectos punzantes, tras o cal foi agarrado e trasladado ao servizo de Psiquiatría do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

OS FEITOS

Os feitos ocorreron a iso das 2:00 da madrugada do domingo no barrio Feijóo, cando funcionarios da Policía Nacional, en servizo de radiopatrulla, foron alertados dun problema familiar nun domicilio da zona.

Unha vez no lugar, os axentes entrevistáronse coa nai do agora detido, quen lles explicou que o seu fillo se volvera “tolo”, que estaba a romper todo e mesmo ameazando os convivientes.

No momento no que os actuantes se dirixiron cara ao seu cuarto, o home saíu “semidesnudo, sangrando e cunhas tesoiras na man, coa intención de arremeter” contra eles, segundo relata a Policía. Tras recuar nun primeiro momento, volveuse a meter na habitación para coller un coitelo “coas mesmas intencións”.

Despois de falar con el durante un tempo, os axentes conseguiron que tirase os obxectos pola xanela, á que ademais estaba asomado mentres ameazaba con tirarse. Finalmente, conseguiron agarralo e trasladalo ao HULA.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e...

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que...