InicioSucesosAbsoltos dous administradores dunha explotación láctea acusados de delitos societarios

Absoltos dous administradores dunha explotación láctea acusados de delitos societarios

Os denunciados negaron os feitos denunciados e, algunhas das súas afirmacións, segundo destacan os maxistrados, foron corroboradas pola documental achegada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu ao presidente e ao secretario dunha sociedade láctea de Riotorto  dos delitos societarios e de administración desleal dos que foron acusados.

A sentenza, difundida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), ratifica que o tribunal considera que a proba practicada non acredita que os sospeitosos cometesen os delitos que lles imputaban.

Os denunciados negaron os feitos denunciados e, algunhas das súas afirmacións, segundo destacan os maxistrados, foron corroboradas pola documental achegada.

Ademais, os xuíces indican que no informe do perito xudicial non hai datos que proben que os acusados “dispuxesen de diñeiro procedente da sociedade para beneficio propio”, á vez que destacan que unha sentenza condenatoria “non pode ampararse en meras sospeitas dos denunciantes”.

Non aparecen datos probatorios de que os acusados manipulasen ou ocultasen algún documento mercantil que debese reflectirse na contabilidade da empresa ou levasen a cabo actos de compras ou vendas coa pretensión de prexudicar a prexudicar a propósitio á sociedade da que formaban parte (e, á vista das actuacións, seguen formando) e buscando un beneficio propio e particular”, recolle.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...