InicioSucesosNovo accidente de tractor: evacuado en helicóptero a Lugo a un home...

Novo accidente de tractor: evacuado en helicóptero a Lugo a un home de Guitiriz

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home foi evacuado polo helicóptero de Urxencias Sanitarias 061 despois de recibir un golpe na cabeza ao caer desde o tractor que manexaba no municipio lugués de Guitiriz.

O accidente rexistrouse ao redor das 18,00 horas deste mércores nunha leira privada situada en Parga na que traballaba a vítima, que sufriu feridas na cabeza tras caer do vehículo e precipitarse por un terraplén.

Desprazado ao momento, o helicóptero do 061 procedeu a trasladar ao ferido (que estaba liberado e accesible) ata o HULA para recibir atención sanitaria.

ÚLTIMAS

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...