InicioSucesosDetido un home en Lugo pola violación dunha menor, neta da súa...

Detido un home en Lugo pola violación dunha menor, neta da súa exparella

Os feitos terían acontecido no domicilio do home.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron en Lugo a un home de 53 anos, veciño da cidade, por un delito de violación á neta da súa ex parella, que é menor de idade. Segundo informa a Comisaría Provincial de Lugo, os feitos ocorreron o pasado domingo no domicilio do propio detido. As forzas da orde tiveron coñecemento do suceso tras abrirse o protocolo por parte dos servizos médico-pediátricos do Hospital Lucus Augusti (HULA).

En concreto, as dependencias da Policía Nacional recibiron na mañá do luns a alerta por unha posible violación a unha menor que estaba a ser atendida no centro hospitalario. Deste xeito, personouse no lugar o coordinador de Servizos da Comisaría Provincial para facerse cargo da investigación. Seguidamente, puxo os feitos en coñecemento dos funcionarios especializados nestes casos.

Este equipo entrevistouse os familiares da vítima, que relataron que a menor pasara o domingo no campo coa avoa e co exmozo desta. A violación, segundo relata a Policía Nacional, produciuse cando a vítima acudiu ao domicilio do home a deixar unhas pertenzas, antes de ser levada a casa.

Así, funcionarios da Policía Científica procederon este luns a recoller mostras e probas no lugar dos feitos co obxectivo de verificar, comprobar e demostrar o ocorrido. O presunto autor, veciño de Lugo de 53 anos, foi detido e será posto a disposición xudicial nas próximas horas.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...