InicioPolíticaO PP cuestiona agora a eficacia e a seguridade do carril peonil...

O PP cuestiona agora a eficacia e a seguridade do carril peonil da Rolda

Ramón Carballo ve insuficiente a sinalización colocada nesta vía e pregúntase por canto tempo máis se vai prolongar esta medida que, segundo el, xa causa molestias na circulación con "colas interminables" de vehículos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do Partido Popular en Lugo pon en dúbida a eficacia do carril peonil da Rolda da Muralla unha vez rematada a etapa de confinamento total. Se ben admiten que foi “unha boa táctica para gañar espazo para os viandantes”, coidan que agora esta medida está causando molestias na circulación en xeral. Falan de longas colas de vehículos que, xunto cunha sinalización “insuficiente”, non garanten os desprazamentos dos peóns.

O voceiro popular, Ramón Carballo, refírese así á medida impulsada polo Concello para peonalizar temporalmente parte da circunvalación da Muralla. Esta iniciativa púxose en práctica coa axuda duns conos de plástico que impiden o paso dos vehículos ao carril interior da vía. Para o PP, esa sinalización “non é a máis apropiada” para garantir a “seguridade vial dos veciños” e apostan por mellorar este aspecto.

Ademais, Carballo pregúntase “canto tempo máis van manter esta peonalización” e asegura que recibiu queixas de veciños por “colas interminables” a diferentes horas do día. Mesmo sinala que houbo problemas para que pasasen vehículos de emerxencias. “As peonalizacións en época COVID non poden ser decisións aleatorias e, se son definitivas, cómpre presentar un estudo no que se ofrezan alternativas de circulación para o tráfico rodado e para evitar o colapso na Rolda”, engade.

MÁIS PROBLEMAS PARA OS PEQUENOS NEGOCIOS?

No mesmo sentido, Ramón Carballo tamén apuntou aos “problemas que teñen moitos pequenos comercios de proximidade” situados en zonas recentemente peonalizadas, como o carril dos Loureiros, exemplificou. Lamenta que nestas rúas “teñen que deixar toda a calzada libre e non poden aparcar nin un minuto”. E remataba cunha advertencia ao bipartito: “Coidado con estas decisión en época de crise. Poden poñer a puntilla para moitos destes negocios de barrio”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...