InicioLugo e contornaLugoDetida unha muller en Lugo por estafar 50.000 euros a unha persoa...

Detida unha muller en Lugo por estafar 50.000 euros a unha persoa ingresada nunha residencia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados coas persoas, detiveron a unha muller por estafar 50.000 euros a unha persoa ingresada nunha residencia e a outra por falsidade documental.

Segundo informou a Policía Nacional, foi detida unha muller de 46 anos veciña de Lugo por un delito de estafa e outra de 68 anos de Outeiro de Rei por falsidade documental.

Os feitos relativos á estafa de 50.000 euros foron denunciados en dependencias policiais xa que a unha familiar dos prexudicados, que está nunha residencia de maiores, desaparecéralle da conta bancaria ese capital, ademais doutros obxectos do seu domicilio, como xoias, electrodomésticos e roupa.

Cos datos achegados polos familiares e as investigacións levadas a cabo polos policías, determinouse que a autoría da estafa pode estar relacionada “coa amizade que esta señora mantería cunha empregada dun comercio ao que acudía habitualmente, antes de ser ingresada na residencia”.

Deste xeito, determinaron que esta muller agora detida supostamente acudira á entidade bancaria xunto coa prexudicada a retirar a cantidade de diñeiro, despois de recollela na residencia e deixala a posterior.

MULTA

Doutra banda, axentes policiais do mesmo grupo detiveron a outra muller por un delito de falsidade documental, despois de utilizar o nome doutra persoa para evitar o pago dunha multa de tráfico por un importe duns 250 euros.

Os feitos foron denunciados por un mozo veciño da cidade que, por motivos laborais, xa non reside na capital lucense. Denunciou que na súa conta bancaria tiña un embargo do Concello de Lugo por falta de pagamento dunha multa de tráfico, na rúa Franco, e dun vehículo que descoñece.

Debido á súa actividade laboral, cando se lle imputa a infracción de tráfico atopábase na localidade de Mallorca, o cal acreditou. Por todo iso, a Policía Nacional de Lugo realizou as comprobacións para esclarecer os feitos e constatou a titularidade do vehículo, que corresponde coa agora detida.

Unha vez é denunciado o vehículo por un estacionamento incorrecto e notifícaselle a denuncia no seu domicilio, de Outeiro de Rei, esta comunica á autoridade que o condutor era o prexudicado, do que achegou datos persoais e un domicilio que non existe, indicou a Policía.

As mesmas fontes policiais sinalaron que puido obter os datos desta persoa a través do seu marido, que compartira actividade laboral co prexudicado, co que tivo acceso aos seus datos persoais.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...