InicioSucesosIdentificado un mozo cunha pistola simulada mentres ía en bicicleta

Identificado un mozo cunha pistola simulada mentres ía en bicicleta

A Policía Local dará conta desta intervención ao grupo de investigación por se a arma está relacionada con algún ilícito penal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un mozo de 26 anos de idade foi identificado pola Policía Local de Lugo cando circulaba pola Praza de Armañá en bicicleta cunha pistola simulada escondida.

Segundo informou o Concello de Lugo, os feitos ocorreron sobre as 20,00 horas do xoves, cando os axentes observador ao mozo cun obxecto sospeitoso na cintura do pantalón.

Ante iso, os axentes comprobaron que se trataba dunha pistola simulada de características similares a unha real de 9 mm parabelum, polo que procederon ao seu comiso.

Ademais, ao non portar o mozo ningún elemento de identificación, foi trasladado a dependencias policiais para dar comprobar a súa identidade e dar conta desta intervención ao grupo correspondente de investigación por se os feitos estivesen relacionados con algún ilícito penal.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...

A Deputación demanda a defensa dos intereses dos gandeiros ante o acordo con Mercosur

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de...

A Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte anos de tramitación

A Xunta revogou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do...

O río Miño desbordado xa en Lugo e Begonte

O Centro de Control de Conca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou este martes...