InicioSucesosDetido un veciño de Sarria por presunta estafa a clientes dunha axencia...

Detido un veciño de Sarria por presunta estafa a clientes dunha axencia de viaxes

O detido dentro da operación 'Toursa' traballaba a finais do ano pasado nunha axencia situada en Sarria e contactaba con veciños e amigos para ofrecerlles produtos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño de Sarria  foi detido como presunto autor dos delitos de estafa apropiación indebida, falsidade documental e publicidade fraudulenta, informou este mércores a Garda Civil, que indicou que as vítimas son clientes da axencia de viaxes para a que traballaba o home.

O detido dentro da operación ‘Toursa’ traballaba a finais do ano pasado nunha axencia situada en Sarria e contactaba con veciños e amigos para ofrecerlles produtos. Estes solicitábanlle directamente a el orzamentos para viaxes pola “confianza” existente.

Os axentes cren que, cando estaba só na oficina ou cando se atopaba fóra desta, dicíalles ás vítimas que había unha oferta “inmellorable”, pero para conseguila debían depositar canto antes gran parte do custo total. Para ingresar o diñeiro, o agora detido daba números de contas das que el era o único titular.

Cando recibía o diñeiro, agrega a Garda Civil, informaba as vítimas de que se realizou a reserva e emitía documentos e certificados falsos con números de localizadores de viaxe. En “moitos deles” estampaba o selo de axencias de turoperadores para “simular que se trataba de documentos reais.

Na axencia “déronse conta” deste proceder e tamén “comezaron os problemas coas supostas reservas”. Os afectados acudían á axencia para pedir información e reclamaban a devolución do pago ou a confirmación da viaxe.

Debido ao estado de alarma, tomouse declaración a 48 afectados a través de videollamada. O presunto autor, que pasará a disposición xudicial, devolveu unha parte do diñeiro estafado a varias das súas vítimas.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...