InicioLugo e contornaLugoOperación contra a explotación laboral a inmigrantes irregulares na provincia

Operación contra a explotación laboral a inmigrantes irregulares na provincia

As vítimas aceptaban supostos contratos laborais de maneira verbal para realizar traballos asistenciais de axuda a domicilio

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo na cidade de Lugo na mañá deste martes dúas persoas veciñas desta provincia, de 46 e 25 anos de idade, como presuntas autoras dun delito contra os dereitos dos traballadores na contratación de inmigrantes irregulares para traballos asistenciais de axuda a domicilio.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos iniciáronse tras ter coñecemento de que persoas de nacionalidade estranxeira e con estancia irregular no país contactaban, “por necesidades económicas e laborais”, coas presuntas autoras, as cales lles ofrecían traballos asistenciais en domicilios desta provincia como coidadoras internas.

As vítimas accedían ás condicións laborais e económicas que lles ofrecían “dada a súa situación irregular neste país”, destacou a Benemérita. As mesmas fontes concretaron que as vítimas aceptaban “presuntos contratos laborais de maneira verbal” para realizar os traballos asistenciais contratados.

“As persoas e entidades públicas que contrataban estes servizos consideraban que se trataban de contratos legais, efectuando os pagos tanto en metálico como a través de transferencia bancaria”, indicaron as mesmas fontes.

Entre os métodos de pago era utilizado “o half cash, co presunto obxecto de evitar o rastrexo de movementos bancarios”, indicaron as mesmas fontes. A investigación continúa aberta e a Garda Civil non descarta novas detencións en datas próximas.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...