InicioLugo e contornaLugoTres feridos nun accidente de tráfico en Lugo

Tres feridos nun accidente de tráfico en Lugo

Tres persoas resultaron feridas na tarde deste xoves nun accidente que se produciu entre dous turismos que chocaron o a N-V, en Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres persoas resultaron feridas na tarde deste xoves nun accidente que se produciu entre dous turismos que chocaron na N-V, en Lugo.

Dos feitos informou o 112-Galicia e precisou que unha muller tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Lugo tras quedar atrapada no interior dun dos vehículos implicados no choque.

O suceso produciuse na circunvalación da ponte nova desta estrada, en sentido a Garabolos. Xusto despois deste impacto, outros dous coches chocaron no mesmo lugar por mor de, probablemente, “un descoido ao volante”, explicaron os servizos de emerxencias.

Foi ao fío das 18,00 horas cando Urxencias Sanitarias de Galicia avisou ao persoal do 112-Galicia sobre o que ocorrera. Por mor desta chamada, os efectivos puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros de Lugo, a Policía Local e a Garda Civil de Tráfico.

+ posts

ÚLTIMAS

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...

A CIG denuncia a “criminalización” dos traballadores que enferman este 1 de Maio

Centos de persoas saíron á rúa en Lugo, no acto central convocado polo sindicato...

Homenaxe á exalcaldesa de Lugo Paula Alvarellos cunha estatua na Praza Maior

A cidade de Lugo homenaxeou á exalcaldesa Paula Alvarellos co descubrimento dunha estatua na...

Lanzamento de moedas e berros de “traidora” nun pleno bronco que certifica a nova maioría en Lugo

Varios centenares de persoas, convocados pola plataforma 'Transfuguismo non, Democracia si', concentráronse este xoves...