InicioSociedadeQue pasa coas ratas en Lugo?

Que pasa coas ratas en Lugo?

Estes roedores están causando numerosas incidencias en infraestruturas públicas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Deixar sen servizo toda unha rede de semáforos na Fonte dos Ranchos. Esa é a última conquista das ratas en Lugo. Uns roedores que non é a primeira vez que a montan na cidade e que xa teñen deixado sen luz a varios edificios da capital.

Este martes, o concelleiro de Infraestruturas Urbanas do Concello de Lugo, Alexandre Penas, deu conta dos incidentes que tiveron lugar na rede semafórica municipal, á altura de Fonte dos Ranchos, “debido a mordeduras de ratas que afectaron o cableado”.

“Este é un incidente que se vén repetindo nos últimos tempos en varios puntos da cidade, polo que vimos de trasladar un informe á área de Medio Ambiente para que poidan estudar as posibilidades de realizar unha desratización nos puntos máis habituais deste tipo de incidentes e garantir o bo funcionamento da rede semafórica e de iluminación”, subliñou.

Neste punto tamén coincide o PPdeG. O seu portavoz municipal, Ramón Carballo, esixiu a “desratización urxente de Lugo” despois de coñecer o suceso ocorrido nos semáforos de Fonte dos Ranchos. “Ten que licitar de inmediato o contrato da rede semafórica de Lugo e que se inclúa mantemento dos mesmos 24 horas durante todo o ano para evitar situacións así”, dixo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...