InicioSucesosDetidas oito persoas nunha redada con varios quilos de haxix e de...

Detidas oito persoas nunha redada con varios quilos de haxix e de marihuana intervidos en Lugo

A operación desenvolveuse ao longo de 11 meses e culminou con cinco homes e tres mulleres arrestadas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detivo a oito persoas en Lugo por un delito contra a saúde pública por tráfico de drogas no marco dun operativo que se desenvolveu nos últimos 11 meses no que foron intervidos dous quilos de haxix e dez de marihuana, entre outros efectos.

Segundo informou a Policía Nacional, a investigación da ‘Operación Castrexo’ iniciouse a finais de 2018 tras a detención de dúas persoas que transportaban dous quilos de haxix no centro histórico da cidade.

Xestións posteriores levaron a determinar a identidade da persoa que previamente lle entregou o haxix ao detido, polo que se iniciaron investigacións para determinar o seu modus operandi. Así, a Policía pescudou que esta persoa se atopaba asociada a outro individuo, co cal se dedicaban ao trafico de cocaína e haxix, que vendían estas sustancias tanto a consumidores como a outras persoas que posteriormente se dedicaban a redistribuílas.

As investigacións avanzaron ata que se logrou descubrir que para a distribución e transporte das sustancias estupefacientes, contaban coa colaboración da contorna familiar dos investigados, relataron as mesmas fontes policiais.

Deste xeito, procedeuse á detención da nai e irmá dun dos xefes cando regresaban á cidade de Lugo con cinco quilos de haxix destinados á redistribución da droga por parte dos implicados.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...