InicioLugo e contornaLugoDetido o mozo disfrazado de pallaso que agrediu a un profesor en...

Detido o mozo disfrazado de pallaso que agrediu a un profesor en Lugo

Tamén foi identificado o seu acompañante que gravou o vídeo para difundilo en redes sociais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous mozos foron detidos este martes pola agresión perpetrada contra un profesor no IES Muralla Romana de Lugo. En concreto, un deles (disfrazado de pallaso) arroxoulle unha torta á cara ao docente mentres o outro gravaba os feitos, para despois subir o vídeo ás redes sociais.

Fontes da investigación confirmaron que os supostos autores, maiores de idade, non son alumnos do instituto e foron detidos a última hora da mañá tras poder identificar o rostro dun deles. O autor da agresión está á espera de pasar a disposición xudicial, mentres que o mozo que se encargou de gravalo quedará en liberdade.

Os feitos rexistráronse este mesmo luns, cando unha persoa disfrazada de pallaso se coou nunha aula do centro mentres se celebraba unha clase e propinoulle un tortazo ao docente diante dos alumnos. O autor, que estivo acompañado doutra persoa que se encargou de gravar os seus movementos, fuxiu ao momento de perpetrar a agresión, aínda que posteriormente colgou o vídeo na súa conta de redes sociais.

O caso foi denunciado ante a Policía Nacional. O autor conta cun perfil de Instagram no que colgaba diversos vídeos realizados na cidade de Lugo, algún deles a rostro descuberto, pero na maioría disfrazado.

A investigación policial arrincou á primeira hora da mañá e ambos os mozos, unha vez identificados, foron detidos horas despois.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...