InicioLugo e contornaLugoEvacuada unha muller por un incendio que calcinou a súa vivenda en...

Evacuada unha muller por un incendio que calcinou a súa vivenda en Cospeito

Segundo indican fontes do 061-Urxencias Sanitarias, ata o lugar desprazouse unha ambulancia con base en Vilalba para asistir á octoxenaria e trasladala ao PAC do municipio veciño.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller de 84 anos tivo que ser evacuada da súa vivenda en Cospeito na tarde deste venres debido a un incendio que terminou por calcinar o inmoble por completo. Segundo informa o 112, foron varios particulares os que deron a alerta sobre as 17,45 horas da tarde acerca dun lume declarado nunha casa da rúa Moinelos, na parroquia de Xustás.

O incendio, engade a central de emerxencias, quedou sufocado ao redor das 3,00 horas. Con todo, os servizos de extinción advertiron que a vivenda aínda pode humear durante uns días debido ás elevadas temperaturas alcanzadas.

Segundo indican fontes do 061-Urxencias Sanitarias, ata o lugar desprazouse unha ambulancia con base en Vilalba para asistir á octoxenaria e trasladala ao PAC do municipio veciño. Máis tarde foi trasladada ao Hospital Lucus Augusti de Lugo. Ademais dos efectivos sanitarios desprazáronse ata o lugar os bombeiros de Vilalba e axentes da Garda Civil.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...