InicioSucesosO bebé ingresado no HULA será tutelado pola Xunta que priorizará o...

O bebé ingresado no HULA será tutelado pola Xunta que priorizará o acollemento familiar

A directora xeral de Familia explicou que neste caso os procedementos activáronse de forma "moi inmediata", xa que se detectaron "indicios probados" de que o bebé estaba en situación de "desamparo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia asumiu xa a “tutela urxente” do menor ingresado no Hospital Lucus Augusti con signos de posibles malos tratos e realiza o seguimento do caso priorizando a procura dun acollemento familiar.

Así o indicou a directora xeral de Familia, Amparo González, quen explicou que neste caso, como noutros similares, a Administración actuará “sempre buscando o maior beneficio para o menor”.

A directora xeral explicou que neste caso os procedementos activáronse de forma “moi inmediata”, xa que se detectaron “indicios probados” de que o bebé se atopaba nunha situación de “desamparo”, polo que a Xunta asumiu de forma “urxente” a tutela do menor.

Tras ingresar no Hospital Lucus Augusti con signos de malos tratos, activouse o protocolo nestes casos e a xuíza, unha vez examinados os datos e tomado declaración aos pais, ditou un auto no que outorgaba a tutela urxente á Xunta e decretaba o afastamento dos proxenitores.

Agora, os servizos de Menores da Administración autonómica realizarán un “seguimento” da situación sanitaria do menor, que permanece hospitalizado, achegando “toda a cobertura que poida necesitar” en calquera sentido.

Paralelamente, traballan para “buscar o mellor recurso” para o bebé unha vez reciba o alta que, de maneira prioritaria, será de acollemento familiar, ben con familia extensa do menor ou ben cunha familia allea de acollida.

“Estudarase se pode haber un acollemento por parte da familia extensa ou se hai que ir a unha familia allea“, dixo Amparo González, para o que se terá en conta a situación da “contorna” do menor. “Consideramos –que o acollemento familiar– é sempre mellor para o neno”, destacou.

A continuación manterase o seguimento ao bebé, para o que a Administración galega, dixo Amparo González, traballará en coordinación con servizos sociais, médicos e outros organismos vinculados co menor.

Finalmente, a directora xeral de Familia lembrou a existencia do Teléfono da Infancia, 116 111, ao que “calquera persoa” pode chamar “se nalgún momento teñen coñecemento ou sospeita dunha situación de risco”, para que esta sexa analizada polos servizos técnicos do menor.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia, alcaldesa de Lugo: o PP volve despois de vinte e sete anos cunha moción de censura polémica

A ata agora portavoz local do PP, tamén líder do partido na provincia, Elena...

Eliminar carril bici, máis aparcadoiros e “un San Froilán para todos”, entre as prioridades de Candia

A nova alcaldesa de Lugo, Elena Candia, presentou nos primeiros minutos de mandato un...

Elena Candia, da alcaldía de Mondoñedo á de Lugo pasando pola Deputación

De rexer unha capital de provincia (do antigo Reino de Galicia, iso si) a...

Ferraz acusa ao PP de usar a una “tránsfuga” para hacerse con la alcaldía de Lugo

A dirección federal do PSOE reprochou ao líder nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo,...