Home Lugo e contorna Lugo Detido en Lugo un mozo con orde de procura en Italia

Detido en Lugo un mozo con orde de procura en Italia

0
Detido en Lugo un mozo con orde de procura en Italia
Vehículo da Policía Local de Lugo | Foro Policía

A Policía Local de Lugo detivo na capital luguesa a un home duns 30 anos de idade sobre o que constaba unha orde de procura e arresto de Italia.

Segundo informou a Policía Local, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio procedeu na Avenida da Coruña en Lugo á detención dun home duns 30 anos sobre o que pesaba unha orde de procura e captura de Italia.

Por iso, o individuo foi trasladado a dependencias policiais, para instruír as correspondentes dilixencias, sinalaron as mesmas fontes policiais.

O mozo ingresou nos calabozos ata que a súa posta a disposición xudicial.

+ posts