InicioSucesosConfirman a condena de tres acusados por tentar matar unha muller á...

Confirman a condena de tres acusados por tentar matar unha muller á saída dun pub

Para dous deles, o TSXG pide 16 anos de cárcere; para o terceiro, 14. Os feitos polos que foron procesados remóntanse ao 2017

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou a condena imposta a tres acusados por tentar matar unha muller e por agredir dous homes no exterior dun pub en Lugo.

Dous dos sospeitosos foron sentenciados a 16 anos de cárcere; e o terceiro, a catorce. Están acusados de coautoría dun intento de homicidio e de delitos de lesións, por uns feitos que se remontan a xullo do 2017. O TSXG considera acreditado que un dos tres procesados lle cravou un coitelo á muller “con ánimo de causarlle a morte” e que a agresión cometida contra outro home foi con armas brancas.

Do mesmo xeito, o TSXG rexeitou o recurso dunha muller á que a Audiencia lle impuxera dous anos de cárcere por agredir un home cun cristal nesa mesma liorta.

ÚLTIMAS

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...

Os socialistas e o Concello de Lugo esixen á Xunta un compromiso plurianual para o Museo da Romanización

O Concello de Lugo e o PSdeG avanzaron que esixirán á Xunta un compromiso...

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...