InicioLugo e contornaDetidos os membros dunha banda de delincuentes xuvenís

Detidos os membros dunha banda de delincuentes xuvenís

Os tres detidos son reincidentes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a tres mozos, un maior de idade e dous menores, reincidentes como presuntos autores de roubo con forza en vehículos en garaxes de Lugo. Segundo informou a Policía Nacional, varios cidadáns presentaron a finais do mes de abril denuncia por roubo no interior de vehículos que estaban estacionados en garaxes da zona norte da cidade.

“Os coches presentaban probas de ser forzados, ou ben as súas fechaduras ou ben con algún dos portelos fracturados”, indicou a Policía, que engade que nalgún dos casos subtraeron unha tableta ou un navegador.

Noutros casos non levaron nada, pero causaron “máis dano na desfeita que co roubo”, sinalaron as mesmas fontes policiais. Por iso, axentes solicitaron “probas e indicios que demostraban a intervención destes delincuentes”, o que determinou a participación dos mesmos nos roubos.

Unha vez identificados a Policía Nacional estableceu un dispositivo de busca para localizalos e detelos. Deste xeito, foron interceptados cando transitaban polas rúas da cidade de Lugo. Posto en coñecemento da Fiscalía de Menores as detencións, os mozos foron entregados aos seus proxenitores, coa advertencia de presentarse á orde xudicial cando sexan requiridos. Mentres, o maior de idade quedou a disposición da autoridade xudicial.

As pescudas e detencións foron levadas a cabo polo Grupo II contra o patrimonio da Brigada Provincial de Policía Xudicial.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...