Home Comarca de Meira Evacuado en helicóptero un home grave tras chocar co seu quad contra un turismo en Meira

Evacuado en helicóptero un home grave tras chocar co seu quad contra un turismo en Meira

0
Evacuado en helicóptero un home grave tras chocar co seu quad contra un turismo en Meira
Entrada a Meira.

Un home resultou ferido grave na mañá deste venres tras chocar o quad que conducía contra un vehículo no municipio lucense de Meira. A vítima foi trasladada nun helicóptero medicalizado do 061 ao hospital.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu pasadas as 12,00 horas na zona de Riocabo, cando o quad chocou contra un vehículo que circulaba pola estrada de Meira.

Ata a zona desprazáronse efectivos do GES da Pontenova, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil da localidade. O condutor do quad foi evacuado en helicóptero ao Hospital Lucus Augusti, mentres que unha ambulancia trasladou unha muller, tamén ferida a causa do accidente, ao Centro de Saúde de Meira.

+ posts