InicioLugo e contornaLugoDuras críticas do avogado de Pilar de Lara contra a xerarquía xudicial:...

Duras críticas do avogado de Pilar de Lara contra a xerarquía xudicial: “Queren sacala do Xulgado”

"Cando se fai así, e ademais a proposta" de sanción "leva asociado o traslado, parece que a única intención é sacala do xulgado", destaca o letrado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O avogado que defende á xuíza Pilar de Lara ante o expediente disciplinario aberto polo Consello Xeral do Poder Xudicial por supostas dilacións indebidas nas causas que instrúe, opina que a petición de pena por parte do promotor desa acción disciplinaria o que persegue é “sacala do Xulgado” de Instrución número 1 de Lugo.

En declaracións a Cope Lugo, recollidas por EFE, o letrado Agustín Azparren destacou que “contrasta moito” a sanción que solicita a Fiscalía, que sería a suspensión de emprego e soldo por tres meses, co que reclama o promotor do expediente disciplinario, que eleva a sete meses esa suspensión, o que implicaría “o traslado forzoso” da maxistrada.

“O problema é que se está cuestionando a forma na que se instrúe, precisou Agustín Azparren, cando “iso non é algo disciplinario”. “Para iso están os recursos”, insistiu, porque “as partes poden recorrer á Audiencia“, que toma as decisións que considera oportunas sobre as causas en función do seu propio criterio, pero “non disciplinariamente” en relación co xuíz cuxa instrución está a ser cuestionada.

“Cando se fai así, e ademais a proposta” de sanción “leva asociado o traslado, parece que a única intención é sacala do xulgado”, engadiu o letrado.

O avogado tamén precisa que á hora de solicitar a pena para a xuíza, “non se valorou ningunha das circunstancias favorables a ela”, pero aínda así, “o fiscal considera que son tres meses de suspensión de emprego e soldo”, o que “contrasta moito co que pide o promotor”. En todo caso, confirmou que a defensa ten agora de prazo até o mércores da próxima semana para presentar as correspondentes alegacións a esas propostas de resolución. Despois, o caso pasará “á comisión disciplinaria para que resolva”, onde “son outros os criterios”.

ÚLTIMAS

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...

O BNG insiste en que o Goberno actúe ante as continuas inundacións en Begonte

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, volverá levar ao Congreso a denuncia...

Nova protesta de agricultores este xoves en Lugo contra o acordo con Mercosur

Sete días despois de que os tractores concentrados na cidade de Lugo contra o...