InicioSociedadeDenuncian filtracións, riscos estruturais e aulas 'forno' na escola infantil Gregorio Sanz...

Denuncian filtracións, riscos estruturais e aulas ‘forno’ na escola infantil Gregorio Sanz de Lugo

CC.OO. acusa ao BNG de asumir unha xestión baseada en parches e non en solucións definitivas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Comisiones Obreras (CC.OO.) denunciou que o BNG “acepta” a existencia de “riscos estruturais, filtracións de auga e condicións indignas” tanto para os nenos e nenas como para os traballadores da Escola Infantil Gregorio Sanz, en Lugo. A central sindical incidiu nunha nota de prensa difundida este mércores, que o Bloque decidiu “substituír a xestión responsable por unha cadea interminable de parches” que “non resolven absolutamente nada”. Ademais, subliñou que esta situación “non é accidental nin inevitable”.

Neste sentido, engadiu que o que ocorre na escola é unha “consecuencia directa dunha mala xestión política”, dunha “absoluta falta de planificación” e dunha “negativa sistemática a investir en solucións definitivas”. “O BNG sabe que os arranxos provisionais non funcionan, pero persiste neles porque prefire aparentar que actuar de verdade”, criticou a entidade. En concreto, CC.OO. sinalou que o centro carece dun sistema de climatización axeituado, o que provoca que durante o verán as aulas se convertan en “fornos” e no inverno a calefacción falle “de maneira reiterada”.

Así mesmo, a entidade denuncia que xa existe un orzamento de 20.000 euros aprobado para adquirir o equipamento de climatización, unha cantidade que o sindicato tacha de “ridícula” para unha administración local. Ante esta situación, para CC.OO o BNG “demostra que non está á altura da responsabilidade que asumiu” e, en consecuencia, esixiu solucións inmediatas e definitivas ás pingueiras e á climatización da Escola Infantil Gregorio Sanz.

ÚLTIMAS

11 candidaturas optan ao XVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural 2025

Rematado o prazo de presentación de candidaturas, a Organización do Premio Aresa de Desenvolvemento...

O TSXG confirma o veto ao parque eólico Medoutraves na Fonsagrada por afectar á Rede Natura

A sección terceira da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

A ARMH homenaxeará a deportados lucenses en campos nazis co proxecto ‘Stolpersteine’

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) iniciará a próxima semana as...

O Concello de Lugo reclama á Xunta o financiamento do SAF segundo o “custo real”

O goberno local lucense defenderá no pleno deste mes unha proposición para reclamar á...