InicioSociedadeLugo recoñece a traxectoria de Xesús Alonso Montero e Rafael de Vega...

Lugo recoñece a traxectoria de Xesús Alonso Montero e Rafael de Vega Barrera, fillos adoptivos da cidade

Para os netos de Rafael de Veiga "lembrar a memoria histórica e transmitir os valores de democracia que defendeu é pechar feridas con verdade, xustiza social e reparación".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo recoñeceu este sábado a traxectoria de dous “lucenses de corazón”, Xesús Alonso Montero e Rafael de Veiga Barreira, nomeados fillos adoptivos da cidade pola súa contribución á educación e á sanidade pública, así como para facer xustiza social a través da memoria colectiva de toda a cidade. O Vello Cárcere acolleu este sábado o acto, do que informou o Consistorio nun comunicado, no que se rendeu homenaxe a ambas as personalidades.

Alí, o catedrático de Literatura galega e membro da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, asegurou sentirse moi honrado e recoñeceu que “como cidadán e profesor” nos seus 16 anos en Lugo viviu o período “máis interesante” da súa vida. Pola súa banda, para os netos de Rafael de Veiga “lembrar a memoria histórica e transmitir os valores de democracia que defendeu é pechar feridas con verdade, xustiza social e reparación“.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, fixo referencia á “pegada indeleble” que ambas as persoas deixaron na cidade e que, segundo indicou, “achegará importantes valores ás xeracións futuras”. “Hoxe é un día importante para todos e todas os lucenses, porque con estes nomeamentos tamén se distingue á cidade, ás persoas que traballaron por mellorala, e iso é algo que como lucenses ten que enchernos de orgullo”, sostivo.

Ademais, tivo un recordo especial para a anterior alcaldesa, Paula Alvarellos, quen “foi capaz de impulsar estas distincións”, ben a título particular, como é o caso da de Rafael de Veiga, ou ben recollendo as demandas de veciños e veciñas no que respecta o nomeamento de Alonso Montero. “Dúas propostas que subscribo porque non podo estar máis de acordo con este recoñecemento”, dixo.

Alonso Montero exerceu como profesor no IES Lucus Augusti e na Escola de Maxisterio entre 1960 e 1975, converténdose en referente intelectural e académico en Lugo. Durante a súa etapa na cidade, foi un activo defensor da cultura e a lingua galega, ademais de impulsar estudos crave sobre figuras da literatura. Posteriormente, ocupou a cátedra de Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela e foi presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017.

Pola súa banda, Rafael de Veiga foi director do, Hospital Municipal de Lugo, onde traballou para mellorar as condicións da asistencia sanitaria e loitou pola creación dun novo hospital. Ademais do seu labor como médico, foi deputado nas Cortes republicanas, comprometéndose coa mellora dos servizos públicos e coa defensa da igualdade no acceso á sanidade. A súa traxectoria viuse truncada en 1936, cando foi asasinado polos sublevados franquista nun acto de represión política.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...