InicioSociedadeO promotor do expediente contra De Lara rexeita as probas da defensa

O promotor do expediente contra De Lara rexeita as probas da defensa

O avogado da maxistrada presentou un recurso contra a decisión do promotor de acción disciplinaria de prescindir dos testemuños favorables a De Lara

PUBLICADA O

- Advertisement -

O responsable da investigación no seo da xudicatura denegou as probas presentadas pola defensa de Pilar de Lara, no marco dun expediente por retrasos inxustificados no proceder da maxistrada. Esta decisión ten resposta nun recurso do representante legal da titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, que alerta contra a “indefensión” da xuíza no proceso interno.

As probas rexeitadas polo promotor de acción disciplinaria do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) inclúen os testemuños de dous inspectores do propio órgano de administración de xustiza. Foron os responsables das tres últimas inspeccións, entre 2013 e 2014, ao cargo do seguimento do xulgado do que é responsable Pilar de Lara. O avogado da xuíza, Agustín Azparrén, precisa que amosaran unha valoración “moi positiva”.

Os testemuños dos inspectores do Consello son parte das probas documentais e testificais presentadas canda o escrito de alegacións ao prego de cargos. De Lara ten que xustificar os atrasos que se imputan na instrución de grandes macrocausas coma Carioca, Pokémon ou O Garañón.

En expresión de Azparrén, a declaración dos inspectores resultaría “esencial” nese cometido, en conxunción coas probas testificais “dos xefes das forzas e corpos de seguridade do Estado que estiveron colaborando directamente co xulgado” durante as diversas instrucións. O letrado cre que, malia o criterio do promotor do expediente, cabe recurso contra a denegación das probas.

Consecuencias no expediente de acción disciplinaria

Así e todo, considera que o rexeitamento dos testemuños pode estar relacionado co prazo de caducidade do expediente, que é de seis meses. O avogado da defensa afirma que presentaron o recurso “inmediatamente” para que “non se pense que é unha forma de atrasar o expediente”.

En calquera caso, e segundo entende Azparrén, no prego de cargos queda excluída a posibilidade de que a xuíza titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo sexa apartada da carreira xudicial.

ÚLTIMAS

Coñece a programación da Semana de Cinema de Autor de Lugo: 148 filmes e homenaxe a María Vázquez

Máis de 148 películas formarán parte este mes de setembro da Semana de Cinema de...

Outro incendio rexistrado nunha nave do Ceao provoca cuantiosos danos materiais, aínda que non se rexistran vítimas

Un incendio declarado na noite deste mércores nunha nave do polígono industrial de O...

Vicepresidencia da Deputación de Lugo non dará apoio económico a actividades con participación israelí

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do BNG, anunciou que non financiará actividades nin...

Detido en Lugo por ameazar con navalla a dous menores que xogaban na rúa

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home de 64 anos de idade...