InicioSociedadePilar de Lara non será apartada da carreira xudicial, indica o seu...

Pilar de Lara non será apartada da carreira xudicial, indica o seu avogado

O letrado explica que no prego de cargos queda excluída a posibilidade de que a xuíza titular do Xulgado de Instrución de Lugo sexa defenestrada

PUBLICADA O

- Advertisement -

A investigación contra Pilar de Lara por atrasos inxustificados non suporá que a maxistrada deba deixar a carreira xudicial, segundo apuntou o avogado da titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo. En declaracións recollidas por GaliciaConfidencial, o letrado Agustín Azparren afirma que espera que se arquive o expediente disciplinario porque “calquera persoa sabe da excesiva dedicación” da súa representada.

Pilar de Lara instrúe algunhas das macrocausas máis salientables dos últimos anos en Galicia, como a Operación Pokémon, iniciada en 2012, ou da Operación Carioca, que data de 2008 e segue adiante malia a oposición da Fiscalía. Leva asemade unha peza separada da Operación Campión, pola que o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) recibiu unha denuncia por dilacións indebidas na instrución.

En novembro, o Promotor de Acción Disciplinaria do CGPJ incoou expediente contra a xuíza, ao entender que é posible que tomara “decisións que ocasionaron un ficticio incremento do volume de traballo”.

A razón da demora, a falta de recursos

Así as cousas, Azparren puntualiza que no prego de cargos, en prazo de alegacións, exclúese a posibilidade de que a maxistrada sexa apartada da carreira xudicial, a sanción máis grave. Segundo o avogado, contestarase a cada un dos atrasos enumerados, que atribúe a “causas alleas á responsabilidade de Pilar de Lara”.

Neste punto, quedan dúas posibilidades: ou ben o promotor acorda o arquivo das actuacións, ou propón unha resolución á comisión disciplinaria do CGPJ. En calquera caso, Azparren espera que todo remate no prazo máximo de dous meses, e espera que se arquive o expediente porque “calquera persoa, incluso allea aos tribunais, sabe da excesiva dedicación de Pilar de Lara”.

Non existe actitude pasiva da xuíza, conclúe, porque “todo o atraso é debido ao inxente número de asuntos que leva”. O letrado considera que “calquera xulgado de España” vai experimentar retrasos “porque temos un número de xuíces inferior á media europea e unha litigiosidad das máis altas”.

As centrais sindicais reclaman para Lugo un xulgado de instrución adicional, outro do penal e un máis do social.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

O FIV de Vilalba pecha a XIX Edición con 7.000 asistentes e un millón de euros en recadación

O FIV de Vilalba pechou a súa décimo novena edición cun balance moi positivo,...