InicioPolíticaO PP de Lugo critica a "precariedade" do servizo municipal de bombeiros

O PP de Lugo critica a “precariedade” do servizo municipal de bombeiros

O Grupo Popular insiste na necesidade de revisar a relación de postos de traballo para recuperar prazas técnicas e crear novas de bombeiros, tal e como reclamaron nunha proposición aprobada en maio de 2024

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular de Lugo advertiu da falta de bocas de incendio no polígono do Ceao, o que consideran “un problema grave nunha zona que xa sufriu varios incendios”, un deles a pasada semana. Esta situación, sinala, pon de relevo outra carencia, “o estado actual do servizo de Bombeiros da cidade”.

Nunha rolda de prensa celebrada este mércores, a portavoz popular, Elena Candia, subliñou que “a obrigación de coidar a quen nos coidan e a responsabilidade de contar cun servizo con boas dotacións”, polo que lamentou que o goberno local “nin escoita nin actúa”.

Así, puxo de relevo que o parque de bombeiros carece de xefe e que a responsabilidade recae nun cabo que está a asumir funcións de sarxento. Segundo a relación de postos de traballo, recollida polo PP, Lugo debería contar con 56 efectivos (un sarxento e 55 bombeiros, dos cales cinco son cabos), pero na práctica só dispón de 48 –10 deles interinos– e con 8 prazas sen cubrir.

Isto provoca, tal e como denuncia Candia, que en moitas emerxencias haxa que recorrer a persoal que se atopa de permiso ou cubrir mandos a través de listas de voluntarios. “Un servizo esencial non pode funcionar deste xeito”, recalcou.

Para eles, nunha cidade como Lugo é necesario garantir un mínimo de nove efectivos por quenda, sempre cun mando, como xa sucede noutros municipios con mellor cobertura. Co persoal completo, debería haber cinco quendas de 11 bombeiros máis un sarxento.

AUMENTO DO PERSOAL

O Grupo Popular insiste na necesidade de revisar a relación de postos de traballo para recuperar prazas técnicas e crear novas de bombeiros, tal e como reclamaron nunha proposición aprobada en maio de 2024.

“O obxectivo debe ser aumentar progresivamente o persoal ata alcanzar 15 bombeiros por quenda, sempre cun cabo e un sarxento. Para iso é imprescindible reforzar a escala de mandos, cubrir as vacantes actuais e crear polo menos 5 prazas de sarxento”, sinalou.

Así mesmo, o PP apoia a demanda dos bombeiros de mellorar as súas condicións laborais, cunha promoción que permita pasar do grupo C1 ao C2, “equiparándose así a outras cidades”.

Os populares critican tamén o estado das instalacións do parque, onde afirman que “hai baños co cartel de ‘non usar’ desde hai anos e non se realiza un correcto mantemento”, polo que demandan a modernización das mesmas.

Ademais, Candia lembrou que en abril se produciu un brote de legionela que obrigou a pechar as duchas “durante meses” e que aínda hoxe existen aseos inutilizados por roturas ou falta de reparacións.

+ posts

ÚLTIMAS

Alerta nos Ancares por unha “praga” de xabarís: os gandeiros temen o contaxio de enfermidades e esixen accións á Xunta

O Sindicato Labrego advirte dun aumento sen precedentes dos ataques, que ameaza a viabilidade das explotacións, e reclama a Medio Ambiente peches preventivos e un control sanitario estrito.

O PP acusa a Carmela López de manter “o mesmo sectarismo” que Tomé na Deputación

O grupo provincial do PP na Deputación de Lugo acusou á presidenta do organismo,...

Morre apuñalada polo seu fillo durante un brote psicótico na súa vivenda en Lugo

Unha muller faleceu no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) na madrugada deste luns despois...

Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na...