InicioSociedadeLuz verde da Xunta á ampliación e legalización do albergue de animais...

Luz verde da Xunta á ampliación e legalización do albergue de animais domésticos de Lugo

A Consellería de Medio Ambiente argumenta que "non se prevé que a iniciativa teña impactos significativos sobre os arredores".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta deu luz verde este martes á “declaración de incidencia ambiental de actividade” para un proxecto de legalización, reforma e ampliación dunha instalación existente de recollida e albergue de animais de compañía en Lugo. O proxecto está impulsado pola Sociedade Protectora de Animais e Plantas lucense e, segundo informa a Consellería de Medio Ambiente, poderá desenvolverse “se se cumpren as medidas correctoras” recollidas pola resolución da administración autonómica. Tal e como trasladou a Xunta nunha nota de prensa, unha vez analizada a documentación recibida, o procedemento foi “legalizar ambientalmente o proxecto básico e de ampliación de actividade do albergue”, que está en Piñeiro, na parroquia de Santa María de Muxa.

SEN IMPACTOS SIGNIFICATIVOS

Nesta liña, incidiu en que “non se prevé que a iniciativa teña impactos significativos sobre os arredores, sempre que se cumpran as condicións fixadas na propia resolución autonómica”. Así mesmo, afirmou que a declaración de incidencia ambiental foi elaborada “segundo o procedemento establecido e con consulta a seis administracións”, as cales “emitiron informes e estableceron unha serie de medidas correctoras”. Con todo, relatou que que os organismos consultados “consideran que o proxecto non terá impactos significativos nos distintos eixos analizados”, e que a posta en marcha do plan sería viable “sempre que se cumpra cos condicionantes establecidos nos seus respectivos informes”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...