InicioSociedadeO BNG esixe accións urxentes para reparar a N-V ao seu paso...

O BNG esixe accións urxentes para reparar a N-V ao seu paso por Lugo

Néstor Rego denuncia o “abandono” da vía por parte do Ministerio de Transportes e alerta de graves deficiencias en sete tramos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG rexistrou unha batería de iniciativas no Congreso para reclamar ao Goberno central actuacións inmediatas e efectivas para mellorar o estado da estrada N-V ao seu paso pola cidade de Lugo. O deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, denunciou o “abandono” por parte do Ministerio de Transportes dunha vía que “rexistra graves deficiencias estruturais”.

“A N-V é unha das principais vías de entrada e saída da cidade de Lugo e atopámola chea de buracos, brechas e zonas do firme afundidas, con tramos nos que o asfalto presenta a típica ‘pel de crocodilo’ que evidencia unha deterioración extrema”, reprochou.

Así, tal e como detallou o Bloque nunha nota de prensa, as demandas da formación teñen como base un informe técnico elaborado polos servizos municipais do Concello de Lugo, que xa foi remitido á Delegación do Goberno e que recolle “problemas graves” en sete tramos diferentes, incluída a saída de Lugo cara a Madrid, a avenida dás Américas, a contorna de Garabolos, o acceso á avenida de Breogán ou o lugar de Xián.

Neste sentido, Rego destacou que “a deterioración do firme” constitúe un risco para a seguridade dos condutores Ante esta situación, o BNG pide ao Executivo central que aprobe a execución inmediata dun plan de actuación integral para reparar o sete tramos afectados.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...