InicioSociedadeA Deputación de Lugo desbrozará 4.200 quilómetros de estradas en mes e...

A Deputación de Lugo desbrozará 4.200 quilómetros de estradas en mes e medio

PUBLICADA O

- Advertisement -

Deputación de Lugo comezou este luns os traballos de roza nos máis de 4.200 quilómetros de estradas provinciais. Unhas tarefas que arrincan de forma simultánea nas 24 zonas nas que está dividido o contrato da rede viaria e ás que a institución provincial destina este ano ao redor de 1,5 millóns.

As rozas terán un prazo de execución dun máximo de mes e medio, polo que está previsto que a mediados de xullo estean listas as estradas provinciais nos 67 concellos, segundo indicou a Deputación nunha nota de prensa. Neste sentido, destacou tamén que o obxectivo destas tarefas é mellorar a seguridade viaria e a comodidade dos condutores, ademais de favorecer a prevención de incendios durante o verán.

Con todo, a institución provincial sinalou que a mellora da mobilidade centra outro dos grandes alicerces dos Orzamentos este 2025, polo que destinará ás estradas máis do 21% do total. “A Deputación incrementou ata os 27,31 millóns de euros as partidas de obra nova, conservación, roza e actuacións do Parque Móbil, o que representa unha subida destes apartados en máis dun 42% respecto ao 2024”, destacou.

VENDA DE PARCELAS

Noutra orde de asuntos, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, formalizou a firma da venda do seis primeiras parcelas do polígono industrial de Cospeito, coñecido como parque empresarial de Feira do Monte. Unha operación que “marca un paso importante no impulso ao desenvolvemento económico e na dinamización do rural”, nunha infraestrutura na que a institución investiu 1,3 millóns de euros.

O parque empresarial de Feira do Monte conta cunha localización “estratéxica”, próxima á Autovía A-6, o que facilita a conexión co resto da provincia “e mellora a loxística empresarial”.

ÚLTIMAS

A ARMH homenaxeará a deportados lucenses en campos nazis co proxecto ‘Stolpersteine’

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) iniciará a próxima semana as...

Lugo acusa á Xunta de ser a responsable de que haxa 618 persoas dependentes sen axuda no fogar

O goberno local lucense defenderá no pleno deste mes unha proposición para reclamar á...

Absolven o terceiro acusado de deter ilegalmente unha menor en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo absolveu ao terceiro acusado de deter ilegalmente a unha...

O Parlamento pide á Xunta tratar cos usuarios a remodelación da residencia das Gándaras

A Cámara galega instou á Xunta a dialogar cos usuarios da residencia das Gánadaras...