InicioSociedadeA Fiscalía pide 13 anos de prisión por agresión sexual a unha...

A Fiscalía pide 13 anos de prisión por agresión sexual a unha menor

O acusado será xulgado este xoves en Lugo por uns feitos ocorridos en abril de 2023 no domicilio da vítima.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Fiscalía de Lugo pide 13 anos de cárcere para un home acusado dun delito de agresión sexual con acceso carnal a menor de 16 anos. O caso, que procede do Xulgado de Instrución Nº2 de Viveiro, xulgarase este xoves, a porta pechada, na Audiencia Provincial de Lugo. Segundo recolle o escrito do Ministerio Fiscal, os feitos sucederon en abril de 2023 no domicilio da nai, onde a vítima residía.

Así, piden para o acusado que se lle impoña a prohibición de achegarse a menos de 500 metros de distancia e comunicarse por calquera medio coa menor, por un período de 20 anos, a medida de liberdade vixiada durante 10 anos, que se executará con posterioridade á pena privativa de liberdade imposta; privación da patria potestade, tutela, curatela, garda ou acollemento por un tempo de 10 anos e a súa inhabilitación especial para calquera profesión, oficio ou actividades, sexan ou non retribuídos, que leve contacto regular e directo con persoas menores de idade, por tempo de 20 anos. O acusado indemnizará á vítima na cantidade de 10.000 euros e ao Sergas na cantidade de 711,79 euros pola asistencia sanitaria prestada á menor.

+ posts

ÚLTIMAS

O BNG presenta en Lugo a candidatura de Rubén Arroxo á alcaldía para as municipais de 2027

O BNG celebrará o vindeiro mércores en Lugo un acto público para presentar a...

A Policía Nacional investiga seis roubos en vehículos estacionados nunha rúa de Lugo

A Policía Nacional de Lugo abriu unha investigación para esclarecer seis roubos rexistrados en...

A xuíza amplía a investigación a José Tomé e cita 5 mulleres vinculadas ao PSdeG

A investigación xudicial aberta contra o alcalde de Monforte de Lemos e expresidente da...

O exdelegado da Xunta Javier Arias perfílase como novo director de Urbanismo no Concello de Lugo

O exdelegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, que foi relevado...