InicioSociedadeLugo estudará a súa inclusión no plan de Transportes para implantar un...

Lugo estudará a súa inclusión no plan de Transportes para implantar un billete único en 2026

O obxectivo do billete único é simplificar o acceso ao transporte público, de forma que un só billete sirva para viaxar en distintos medios por todo o territorio estatal e se potencien estes servizos cun abono nacional por unha cantidade determinada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, recibiu información do Ministerio de Transportes para estudar a inclusión do municipio na futura implantación do billete único nas urbes españolas en 2026. O rexedor municipal mantivo unha reunión coa secretaria xeral de Mobilidade Sustentable, Sara Hernández del Olmo, quen lle explicou a folla de ruta para avanzar nesta iniciativa xa operativa noutros países europeos.

O obxectivo do billete único é simplificar o acceso ao transporte público, de forma que un só billete sirva para viaxar en distintos medios por todo o territorio estatal e se potencien estes servizos cun abono nacional por unha cantidade determinada. O alcalde considera que “se trata dunha iniciativa positiva que impulsa a visión transversal do transporte público en todas as cidades españolas que queiran adherirse e que avanza en aspectos positivos non só para a propia cidade e para os lucenses, senón tamén para favorecer e mellorar a mobilidade do turismo”.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece unha persoa tras saír da vía e dar varias voltas de campá

Unha persoa faleceu este domingo en Lugo tras saírse da vía e dar varias...

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...