InicioSociedadeXulgan a dous homes que se agrediron mutuamente por un cabalo que...

Xulgan a dous homes que se agrediron mutuamente por un cabalo que entrou na propiedade dun deles en Xermade

Un dos acusados enfróntase a unha pena de catro anos de prisión por un delito de lesións e deberá indemnizar con máis de 6.900 euros á vítima.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo acolle o vindeiro martes, día 13, o xuízo contra dous homes por pelexarse pola presenza dun cabalo nunha leira propiedade dun dos procesados. Segundo o escrito de Fiscalía, os feitos producíronse o 18 de setembro de 2022 cando se atopaban nas inmediacións dun deles na localidade de Xermade.

“Coa intención de agredirse mutuamente”, ambos, golpeáronse. Un dos acusados colleu do maleteiro do seu coche un gato metálico para agredir ao outro home. Así mesmo, o outro acusado fixo uso dun obxecto de ferro e golpeou no rostro ao outro procesado. Por todo iso, un dos acusados enfróntase a unha pena de catro anos de prisión por un delito de lesións e deberá indemnizar con máis de 6.900 euros á vítima. Para o outro procesado, o Ministerio Publico pide unha pena de tres meses de multa por un delito leve de lesións e deberá indemnizar ao outro home con máis de 3.100 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...