InicioLugo e contornaLugoCesa a traballadora da escola infantil Gregorio Sanz pola que as demais...

Cesa a traballadora da escola infantil Gregorio Sanz pola que as demais estaban de baixa médica

O conflito laboral no centro remóntase a hai unha década atrás, pero as familias sufriron o impacto tras a baixa do seis traballadoras que habitualmente se ocupaban dos nenos escolarizados na Gregorio Sanz

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un día despois da concentración de familias e representantes de CC.OO. para reivindicar unha solución “definitiva” para a situación da escola infantil Gregorio Sanz de Lugo rexistrouse un paso: un decreto de Alcaldía subscrito pola rexedora, Paula Alvarellos, ratifica o cesamento da traballadora do centro tras cuxa reincorporación causaron baixa médica seis compañeiras.

O conflito laboral no centro remóntase a hai unha década atrás, pero as familias sufriron o impacto tras a baixa do seis traballadoras que habitualmente se ocupaban dos nenos escolarizados na Gregorio Sanz.

As baixas producíronse tras a reincorporación recente dunha compañeira (a que foi cesada) que anos atrás as denunciou por acoso laboral e, a tres delas, por malos tratos. O caso foi arquivado.

As traballadoras en cuestión, pola súa banda, tamén tomaron medidas a nivel administrativo e expuxeron as súas queixas (non só sobre a compañeira que as denunciou, senón tamén sobre persoal de cociña) ao comité de avaliación de acoso laboral do Concello, que, segundo a versión de CC.OO., deulles a razón e propuxo adoptar medidas.

O Concello, que sempre defendeu que a súa “prioridade” era o “normal” funcionamento do centro e que as baixas se cubriron, tamén avanzara que se activou un procedemento administrativo en busca dunha solución para a situación.

RESOLUCIÓN DO PROCESO ADMINISTRATIVO

Con todo, as familias pedían unha solución “definitiva” que permitise volver ás coidadoras habituais dos menores.

Así, o que reflicte o decreto da Alcaldía é que a traballadora (funcionaria interina municipal con categoría de técnico en xardín de infancia) cesa no seu posto despois de que a persoa á que substituía fose adscrita, definitivamente, a outro departamento. Dado que desaparece a praza, tamén o fai a substitución.

+ posts

ÚLTIMAS

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

O PP pide no Senado aumentar o investimento eléctrico en Lugo tras quedar Altri sen conexión

O PP empregou a súa maioría absoluta no Senado para aprobar este martes na...

O PSOE de Lugo esixe a Candia continuar co proxecto de praia fluvial nas Saamasas

O edil socialista Jorge Bustos esixe  a Candia que Lugo non perda os avances...