InicioLugo e contornaEducación asegura que os "axustes" de unidades docentes en centros rurais non...

Educación asegura que os “axustes” de unidades docentes en centros rurais non se realizarán de “maneira arbitraria”

O conselleiro de Educación precisa que "se adecuarán os recursos ás necesidades educativas" na súa visita ao IES Lucus Augusti de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, asegurou este mércores en Lugo que a dotación de persoal nas aulas galegas  para o novo curso académico non se realizará “de maneira arbitraria”, estará “baseada nos informes de inspección” e implicará unha ampliación ou un axuste das unidades docentes en base a “uns criterios obxectivos”.

Así se manifestou o conselleiro tras ser consultado polas recentes protestas protagonizadas o pasado fin de semana polas anpas dalgúns centros educativos rurais da provincia de Lugo, como A Pobra do Brollón ou Portomarín, reclamando unha maior dotación de persoal docente para evitar a agrupación de alumnos de diferentes niveis nunha mesma clase.

“Coa aplicación do acordo de cocientes de 25 a 20 imos ter as mesmas aulas e vai haber tamén máis profesores, pero é obvio que nalgúns sitios fanse ampliacións e noutros casos o que se fai é axustar os recursos ás necesidades educativas. Nalgúns casos concretos hai que ampliar e noutros hai que axustar”, indicou.

Rodríguez, que recoñeceu que “sempre xorden complicacións deste tipo” derivadas de “unha situación demográfica moi complexa” que obriga a “ampliar a oferta” nuns centros e a “axustar os recursos” noutros, celebrou o feito de que a pesar de que este ano o curso arrincará con “4.000 alumnos menos en infantil e primaria” tamén o fará, no conxunto da comunidade, con “as mesmas aulas e con máis profesores”.

É lóxico que haxa protestas nestes casos, que son habituais, pero estas decisións adóptanse en base a uns criterios que posibilitan que un sistema tan amplo e tan espallado polo territorio como o noso póidase manter”, finalizou respecto diso.

REHABILITACIÓN DO IES LUCUS AUGUSTI

As declaracións de Román Rodríguez tiveron lugar no marco dunha visita realizada polo conselleiro ás instalacións do IES Lucus Augusti da capital lucense para supervisar o avance das obras de rehabilitación integral do centro educativo, iniciadas fai nove meses e que se espera que se dean por concluídas unha vez finalizado o presente curso.

Unha gran obra de rehabilitación integral dun edificio histórico“, subliñou o conselleiro, acometida nun “centro educativo de referencia” a nivel autonómico cun investimento da Xunta de Galicia, revelou, de 3,3 millóns de euros.

A actuación, que afectará a unha superficie total de 7.500 metros cadrados e na que “se substituirán 230 xanelas e máis de 700 luminarias” contempla tamén a modificación de toda a parte exterior do edificio e a adopción de medidas de eficiencia enerxética.

Estamos a facer moitas obras no conxunto da provincia de Lugo. Temos neste momento 127 intervencións en diferentes centros educativos que se atopan en diferentes fases cun investimento de aproximadamente oito millóns de euros que se están executando neste momento”, concluíu o conselleiro.

ÚLTIMAS

Excarceradas dúas persoas tras chocar frontalmente dous turismos na N-634, ao seu paso por Sancovade

Os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarcerar aos condutores de dous vehículos tras chocar...

A Deputación de Lugo reforza a formación de rederas con 39.000 euros para garantir a substitución xeracional

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou un novo convenio de...

Novos achados no xacemento do S.IX AC de Pobra de Brollón apuntan ao colapso de edificacións por un incendio

Novos achados no xacemento do S.IX AC localizado en Penas do Castelo, parroquia de...

Trasladado un home con síntomas de intoxicación por fume tras un incendio nunha ferraxaría

Un home tivo que se trasladado con síntomas de intoxicación por fume tras un...