InicioSociedadeO dispositivo de limpeza para o Arde Lucus mobilizará a case un...

O dispositivo de limpeza para o Arde Lucus mobilizará a case un cento de operarios e máis de 40 vehículos

Incidirá nos espazos e momentos do día nos que se espera unha elevada presenza de público ou xeración de residuos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo habilitará un dispositivo especial de limpeza viaria e recollida de lixo durante o Arde Lucus que mobilizará a un total de 94 operarios e operarias e a un total de 43 vehículos. “Ten como obxectivo que Lugo poida ofrecer a súa mellor imaxe aos miles de visitantes que chegarán nestas datas e que os lucenses e as lucenses non vexan alterada a calidade dun servizo cada vez mellor valorado”, sinalou o edil de Transición Ecolóxica Miguel Fernández.

O concelleiro destacou que a planificación, deseñada polos técnicos municipais en colaboración con Ecolugo, incidirá nos espazos e momentos do día nos que se espera unha elevada presenza de público ou xeración de residuos. O responsable de Transición Ecolóxica destacou tamén que “para anticiparse ás necesidades de limpeza que derivarán do aumento de público a fin de semana, tanto o sábado como o domingo os traballos empezarán ás 6.00 horas”. Ademais, para garantir unhas óptimas condicións de salubridade nas rúas, o Consistorio instalará un total de 42 sanitarios portátiles, dos que 12 serán adaptados, en distintos puntos do trazado urbano.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...