InicioSociedadeA Xunta investirá 1,2 millóns na construción dunha residencia de maiores de...

A Xunta investirá 1,2 millóns na construción dunha residencia de maiores de titularidade municipal en Riotorto

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia financiará con 1,2 millóns de euros a construción dunha residencia de maiores de titularidade municipal no concello lucense de Riotorto. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o alcalde do concello, Clemente Igrexas, visitaron este martes a parcela na que se edificará o centro, que disporá de 37 prazas.

Esta actuación desenvolverase no marco do novo Plan de Investimentos de 18,5 millóns de euros co que o Executivo autonómico financia unha vintena de proxectos de construción, reforma ou ampliación de residencias, centros de día, vivendas comunitarias e centros sociais de titularidade municipal. Un plan acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

A construción da futura residencia de Riotorto terá un custo total de 1,8 millóns de euros e será o Concello o que se encargue da licitación e contratación das obras unha vez que se asine o convenio de colaboración entre as Administración autonómica e local. O inmoble presentará unha estrutura modular con semisótano, que acollerá o garaxe e distintos servizos como o de lavandaría; planta baixa para os espazos comúns, como comedor ou sala de enfermaría; e a planta alta, que quedará reservada para as habitacións.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...