InicioSociedadeA Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña reúne a máis de...

A Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña reúne a máis de 200 animais en Cervantes

Segundo informou a Deputación de Lugo, que achegou 6.000 euros e levou tres exemplares procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, o prezo medio dos animais foi de 2.516 euros. O máis elevado ascendeu a 2.850 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A 4ª Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña, que se celebra no municipio lucense de Cervantes, superou os 200 animais do ano pasado entre gando vacún, equino, ovino e caprino procedente de ganderías da Fonsagrada, Castroverde, As Nogais, Becerreá, Navia de Suarna, Cervantes ou Asturias.

Segundo informou a Deputación de Lugo, que achegou 6.000 euros e levou tres exemplares procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, o prezo medio dos animais foi de 2.516 euros. O máis elevado ascendeu a 2.850 euros. A asociación Territorio Verde, co apoio do Concello, recuperou no ano 2019 esta feira tradicional co obxectivo de poñer en valor a actividade gandeira e enxalzar o espírito das feiras de hai 40 anos que se celebraban ao aire libre e eran o principal punto de venda de gando na Montaña lucense.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...