InicioSociedadeA Deputación de Lugo lanza o I Xornadas Feministas con motivo do...

A Deputación de Lugo lanza o I Xornadas Feministas con motivo do 8M co foco posto “na mocidade”

A deputada da área de Muller e Igualdade da Deputación de Lugo, Marisol Morandeira, explicou que "é unha programación pensada para todas as idades con especial foco na mocidade porque a educación, a sensibilización e a visibilización son tres ferramentas crave para contribuír dunha maneira transversal á transformación da sociedade cara a unha sociedade máis xusta".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada da área de Muller e Igualdade da Deputación de Lugo, Marisol Morandeira, presentou este luns o programa de actividades lanzado pola institución provincial para conmemorar o Día Internacional da Muller, o 8 de marzo, que contará con conferencias, monólogos e actuacións musicais gratuítas dirixidas “a toda a sociedade pero especialmente á mocidade”.

“É unha programación pensada para todas as idades con especial foco na mocidade porque a educación, a sensibilización e a visibilización son tres ferramentas crave para contribuír dunha maneira transversal á transformación da sociedade cara a unha sociedade máis xusta”, explicou, de maneira introductoria, Morandeira, para acto seguido precisar que o ‘I Xornadas Feministas = Igualdade’ desenvolveranse o venres 8 de marzo no salón de actos da Deputación.

Unhas xornadas totalmente gratuítas previa inscrición e ata completar o aforamento do salón de actos que contemplan a celebración dunha mesa redonda; dúas conferencias (sobre ‘Feminismo e Igualdade’ e sobre o ‘Marco feminista da abolición da prostitución); actuacións musicais a cargo da cantautora Sheila Patricia; e o monólogo ‘Desapareza aquí’, protagonizado pola cómica feminista Patricia Sornosa.

“Desde a Deputación de Lugo queremos trasladar o noso compromiso claro en materia de igualdade. As administracións públicas temos que estar claramente involucradas neste camiño. Déronse pasos nesta materia, pero non son suficientes“, manifestou Marisol Morandeira no lanzamento das xornadas.

CICLO DE CONCERTOS “CON VOZ DE MULLER”

No marco das actividades programadas para a conmemoración do Día Internacional da Muller, a deputada da área de Muller e Igualdade anunciou tamén a “reedición” durante todo o mes de marzo do ciclo de concertos ‘Con voz de muller’, que se celebrará os catro sábados que restan do mes en curso. O ciclo contempla a actuación de ‘Zoelas’, o 9 de marzo en Antas de Ulla; ‘Agoraphobia’, o 16 de marzo en Burela; Susana Seivane, o 23 de marzo en Guitiriz; e ‘Cantar Delas’, o 30 de marzo na Fonsagrada.

Concertos, todos eles, asegurou Morandeira, programados co obxectivo de “sensibilizar, romper estereotipos e favorecer o empoderamento feminino” a través das actuacións de “mulleres con voz propia”. Os nove centros de atención a persoas maiores da rede provincial de Lugo organizarán tamén actividades conmemorativas con motivo do 8M e unha pancarta reivindicativa lucirá na fachada do Pazo de San Marcos, sede da institución provincial.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...