InicioSociedadeO detido por matar o seu pai en Guntín permanece ingresado no...

O detido por matar o seu pai en Guntín permanece ingresado no HULA

Fontes xudiciais confirmaron que polo momento se descoñece cando se poderá producir o pase a disposición xudicial do detido por este crime.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O home detido por asasinar o seu pai dun disparo cunha escopeta de caza no domicilio familiar que compartían no municipio lucense de Guntín permanece ingresado no Hospital Univesitario Lucus Augusti (HULA) á espera de poder pasar a disposición xudicial. Fontes xudiciais confirmaron que polo momento se descoñece cando se poderá producir o pase a disposición xudicial do detido por este crime. Os feitos tiveron lugar ao redor das 14.30 horas deste venres no lugar de Martín da parroquia de Entrambasaugas, onde se sitúa a casa familiar que compartía a vítima e a súa muller co arrestado e a súa esposa e dous fillos.

Segundo trasladaron fontes próximas ao caso, a vítima, de 76 anos, morreu a consecuencia das feridas provocadas por un disparo dunha escopeta de caza rexistrada a nome do seu fillo, que foi arrestado sen opor resistencia na propia casa por axentes da Garda Civil que se mobilizaron tras recibir a alerta. Unha vez detido, o suposto autor do crime foi trasladado á Comandancia da Garda Civil en Lugo, de onde tivo que ser evacuado ao Hospital Lucus Augusti da mesma cidade ao sufrir un ataque de ansiedade.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...