InicioComarca de MeiraPolA Deputación de Lugo achega 80.000 euros para mellorar a eficiencia enerxética...

A Deputación de Lugo achega 80.000 euros para mellorar a eficiencia enerxética de Pol

Grazas a este investimento vanse a acometer un conxunto de actuacións no pavillón para mellorar a eficiencia enerxética, así como labores de mantemento da infraestrutura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o alcalde de Pol, Lino Rodríguez Ónega, asinaron no Pazo de San Marcos un acordo a través do que a institución provincial destina ao Concello 80.000 euros para que poida mellorar o complexo deportivo da localidade e ampliar a rede de abastecemento de auga dos núcleos rurais.

Polo que respecta ao complexo deportivo, grazas a este investimento vanse a acometer un conxunto de actuacións no pavillón para mellorar a eficiencia enerxética, así como labores de mantemento da infraestrutura. Agora mesmo, a cuberta presenta pingueiras polo paso do tempo, o que provoca que a humidade penetre nos alicerces e dáneos.

Por iso, vaise a facer unha cuberta estanca cun illamento adecuado, incluíndo panel sándwich, que será máis resistente que o actual de fibrocemento. Tamén se contempla facer un reforzo estrutural completo, desde os alicerces ata a estrutura de cubrición, para evitar que aparezan fisuras, gretas ou movementos.

Na cuberta vanse a instalar novos paneis solares que contribuirán á obtención de enerxía para a auga quente, sen necesidade de utilizar unha caldeira de gasoil como se fai na actualidade. Esta caldeira será substituída por unha bomba de calor de aerotermia para gañar eficiencia. De maneira paralela, a enerxía sobrante dos paneis empregarase para dar servizo á rede de iluminación deportiva, o que reverterá nun aforro enerxético considerable.

Por outra banda, grazas á colaboración económica da Deputación, o Concello tamén poderá mellorar a rede de subministración de auga da liña que abastece Arcos e Bouzoá. En concreto, en Bouzoá, un núcleo que conta con 14 veciños, danse continuas baixadas de presión, provocando que o servizo non sexa todo o eficiente.

Pola súa banda, o núcleo de Xerbolés, onde residen 4 veciños, non conta actualmente con subministración de auga, polo que se vai a executar ao amparo desta colaboración que fai a Deputación de Lugo. O prazo de execución para estas dúas actuacións é de tres meses unha vez comecen as obras.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...