InicioSociedadeUnha vintena de vehículos denunciados noutra 'quedada' de 80 condutores na zona...

Unha vintena de vehículos denunciados noutra ‘quedada’ de 80 condutores na zona das Termas

O balance ofrecido este luns pola Policía Local recolle dous positivos por alcoholemia, cinco denuncias por condución neglixente, tres por condución temeraria, tres por non ter ITV, tres por saltarse un semáforo en vermello, dous por carencia de seguro e outras por irregularidades no coche.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo formulou unha vintena de denuncias contra os participantes noutra ‘quedada’ de vehículos na zona das Termas durante a madrugada do sábado que congregou a uns 80 condutores. Os axentes tiveron constancia desta convoctoria feita a través de redes sociais, a semellanza da rexistrada na capital luguesa o sábado 23 de decembro no aparcadoiro da Universidade, próximo ao Pazo Provincial de Deportes. Nesta ocasión, a policía estima que participaron na ‘quedada’ uns 80 vehículos que se deron cita nas Termas. Alí despregouse un dispositivo de coches patrullas e vehículos camuflados que formularon unha vintena de denuncias. 

O balance ofrecido este luns pola Policía Local recolle dous positivos por alcoholemia, cinco denuncias por condución neglixente, tres por condución temeraria, tres por non ter ITV, tres por saltarse un semáforo en vermello, dous por carencia de seguro e outras por irregularidades no coche.Ademais, na noite de fin de ano, o operativo especial detectou catro alcoholemias ao volante, unha constitutiva de delito penal ao alcanzar o 0,96 mg/l. Así mesmo, tamén foi denunciado un condutor que circulaba sen puntos no carné.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...