InicioSociedadeA Deputación de Lugo volve denunciar incumprimento de servizos mínimos dos bombeiros...

A Deputación de Lugo volve denunciar incumprimento de servizos mínimos dos bombeiros de Viveiro e Vilalba por cuarto día consecutivo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo volve denunciar incumprimento dos servizos mínimos dos bombeiros dos parques dos municipios de Viveiro e de Vilalba. Nun comunicado, o Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que dos catro efectivos previstos no cuadrante deste domingo en Viveiro, só se incorporaron dous, “incumpríndose así os servizos mínimos”.

En Vilalba, indican que se incorporaron tres traballadores, pero un deles “ausentouse para ir ao médico”, quedando así tamén dous efectivos no parque chairego. Ante esta situación, “e atendendo á premisa de dar cobertura á maior zona e poboación posible”, o Consorcio comunicou ao 112 que os dous efectivos de Viveiro desprazáronse a Vilalba para prestar servizo na xornada deste domingo, e que as incidencias do parque viveirense atenderanse desde Vilalba e Barreiros.

Este novo comunicado do goberno provincial sucede a outros tres emitidos desde o xoves nos que advertía ao colectivo de bombeiros, que está en folga indefinida desde o pasado mes de xuño, que acudiría á vía xudicial “de producirse algunha consecuencia”. Neste contexto, este mesmo venres, o comité de folga dos bombeiros comarcais enviou outro comunicado no que acusa á Deputación de “tentar condicionar o lexítimo dereito de folga” con estas “ameazas” e desvía a responsabilidade.

“Son os consorcios provinciais, non nós, os que non prestan os seus servizos, pois a responsabilidade de garantir os servizos mínimos é súa, a través dun persoal que poida traballar en condicións dignas, non de precariedade nin á conta de verse obrigados a facer horas extra”, afirma o comité.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...