InicioLugo e contornaLugoLugo seguirá coa derruba do Garañón despois de desestimarse a paralización que...

Lugo seguirá coa derruba do Garañón despois de desestimarse a paralización que pedía o Banco Santander

"Seguimos co noso camiño paralelo con eses procesos xudiciais alleos ao Concello pero nos que loxicamente nos vemos implicados", explicou en declaracións aos medios Méndez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, confirmou que o Concello continuará coa derriba do Garañón, tras coñecer que o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 rexeitou a solicitude de paralización cautelar presentada polo Banco Santander, como acredor principal da empresa que levantou as dúas torres.

Neste contexto, a rexedora confirmou que, independentemente dos recursos que presente a entidade financeira, o goberno local seguirá coa súa “folla de ruta” que mantén “desde 2017”, cando decidiu “non seguir co proceso xudicial” e “asumir a derriba” do proxecto situado xunto ao Parque Rosalía de Castro.

“Son procesos complexos, evidentemente, pero están a chegar ao seu fin. Seguimos co noso camiño paralelo con eses procesos xudiciais alleos ao Concello pero nos que loxicamente nos vemos implicados”, explicou en declaracións aos medios Méndez.

E é que a xunta de goberno local de Lugo adxudicaba a finais de decembro o proceso de derriba do Garañón por máis de medio millón de euros, co obxectivo de que nun prazo de seis meses estea xa demolido para poder instalar alí unha zona verde. Con todo, o proxecto está pendente aínda de recibir o visto e prace da Xunta.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...