InicioSociedadeBaleira repulsa o fallo xudicial de abusos a unha menor e prepara...

Baleira repulsa o fallo xudicial de abusos a unha menor e prepara máis iniciativas para expresar o seu rexeitamento

Houbo unha redución de condena a tres anos de cárcere polo pacto entre o Ministerio Público e os acusados

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Baleira convocará un pleno extraordinario para sacar, “unanimemente”, un comunicado de repulsa tras a sentenza de abusos sexuais a unha menor, pola que foron condenadas a tan só tres anos o tres procesados.

O alcalde, Anxo Martínez, confirmou que “no pleno ordinario decidiuse facer un pleno extraordinario, unha vez coñecida a sentenza e nese pleno decidirase se sacar un comunicado de repulsa e que tipo de accións pódense desenvolver”.

O fallo xudicial transcendeu en días pasados e a semana pasada deuse a coñecer en contido, despois de que a Audiencia Provincial de Lugo asinase a sentenza.

Nela, recóllese a redución de condena a tres anos de cárcere polo pacto entre o Ministerio Público e os acusados e alégase “dilacións” non imputables aos procesados, así como resarcimiento á vítima, por pagarlle 50.000 euros de indemnización.

O tres detidos son a irmá maior da vítima, que conseguiu convencer á irmá das relacións sexuais cando tiña 7 ou 8 anos co irmán do seu marido, é dicir, o irmán do cuñado da vítima. Tamén violou á menor o seu propio cuñado (marido da irmá da vítima), que a deixou embarazada (xa estivo embarazada por primeira vez con 11 anos) dun bebé ao que deu a luz con 13 anos e que tivo que dar en adopción.

ACATAR A SENTENZA

Martínez secundou que “a sentenza non queda outra que acatala, pero imos ver que pasos imos seguir a partir de agora”. “O que di a sentenza está tecnicamente ben, aínda que sexa difícil de entender”, subscribiu.

En canto a accións a levar a cabo, o alcalde de Baleira puntualizou que se persegue “expresar a repulsa unánime” da corporación, polo que suxeriu que podería convocar unha manifestación ou mesmo promover “a iniciativa dun veciño de recoller firmas”. “Calquera cousa, pero que isto non se volva a repetir e a sociedade conciencíese de que coa violencia non se vai a ningún lugar”, explicou.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

A Policía libera a unha muller retida polo seu compañeiro de piso en Lugo

Unha muller, que se atopaba retida polo seu compañeiro de piso, foi liberada por...

Plataforma cidadá contra unha posible moción de censura en Lugo

A posibilidade de que o Partido Popular impulse unha moción de censura en Lugo...