InicioSociedadeA Deputación de Lugo garante o servizo da residencia da Fonsagrada

A Deputación de Lugo garante o servizo da residencia da Fonsagrada

A institución provincial sostén que o BNG da Fonsagrada debería ser máis responsable e "non crear alarma nos cidadáns"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo saíu este luns ao paso dun boletín impreso difundido polo BNG sobre a situación da residencia da Fonsagrada para asegurar que se manterá “con total normalidade o servizo e funcionamento da residencia”, que está a prestar unha excelente atención aos usuarios e as súas familias”, así como constatan eles mesmos, ademais de xerar emprego e actividade económica no concello.

Nun comunicado, o ente provincial lembra que un procedemento xudicial orixinado fai máis de seis anos (983/2016) no Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo pola vía civil, deu lugar a unha sentenza deste tribunal, ratificada pola Audiencia de Lugo na que se determina a existencia dun problema de medicións no momento da construción entre o edificio da residencia e o dunha vivenda anexa.

A sentenza está en fase de execución (227/2022), que se segue no propio xulgado de primeira instancia. Nesta fase, a institución xa emitiu os informes técnicos, xurídicos e sociais que acreditan a imposibilidade de executar a sentenza nos termos contemplados. A Deputación expropiou xa o edificio do que xurdía a obrigación de retranquear o inmoble da residencia, polo que a parcela e a vivenda pasan a ser propiedade da institución provincial e serán incorporadas aos equipamentos dotacionais do propio centro de maiores.

Así as cousas, a institución provincial sostén que o BNG da Fonsagrada debería ser máis responsable e “non crear alarma nos cidadáns”, porque “non todo vale en política e, menos, cando se trata de asuntos tan sensibles como os servizos de atención ás persoas maiores”.

Desta maneira, a Deputación de Lugo “lamenta profundamente a manipulación que se trata de facer dunha situación que se vai a solucionar e que, en ningún caso, dará lugar á demolición”, pide “máis rigor” e ofrece “tranquilidade” aos usuarios, familiares e conxunto dos veciños.

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo acusa os bombeiros de incumprir servizos mínimos en Vilalba e ameaza con accións xudiciais

A Deputación de Lugo acusa os bombeiros do parque de Vilalba de incumprir os servizos mínimos...

O PP de Lugo presenta trinta propostas para os orzamentos municipais de 2024

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, explicou a batería de propostas que...

Un condutor dá positivo en alcol e drogas tras sufrir un accidente en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo foron mobilizados en pasado martes por mor dun accidente de tráfico rexistrado...

Traballadoras da limpeza dea Lugo protestan ante o Parlamento pedindo a mediación da Xunta

Traballadores do sector da limpeza de Lugo trasladaron a súa protesta este martes ás...