InicioSociedadeA alcaldesa de Lugo súmase as reivindicacións dos veciños para pedir á...

A alcaldesa de Lugo súmase as reivindicacións dos veciños para pedir á Xunta unha unidade de ictus completa para o HULA

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, reclamou este mércores á Xunta de Galicia unha unidade de ictus completa para o HULA, na mesma liña da reivindicación realizada pola Federación de Asociacións de Veciños de Lugo.

Así, Lara Méndez apelou a que dita unidade de ictus completa “é necesaria e é importante” para “garantir a vida das persoas”. “Pódese facer un paralelismo cando toda a sociedade lucense reivindicaba (en 2015) esa hemodinámica as 24 horas e que a Xunta foi moi reticente e puxo moitas escusas dicindo que o servizo estaba cuberto, pero a realidade é que tiñamos un servizo de hemodinámica en horario de oficina, de 8 a tres da tarde, pero as enfermidades non entenden de tempos”, razoou.

A rexedora insistiu na necesidade de “ter un bo servizo para garantir a vida das persoas, que non é unha cuestión menor” e sumouse ao “clamor social” para “a mellora dun servizo” no que o tempo é un factor esencial para “garantir a supervivencia”.

Polo demais, Lara Méndez tamén se referiu aos aparcadoiros gratuítos que acometerá o concello na contorna do Hospital Universitario Lucus Augusti, para 340 prazas. A alcaldesa apelou á “necesidade imperiosa de seguir habilitando aparcadoiros públicos” nesta contorna.

“Este é un servizo que se ofrece a moitos usuarios, non só do Concello de Lugo, porque son moitas as persoas que veñen doutros municipios da provincia a facer uso dos servizos sanitarios. E entendendo que é un problema supramunicipal no que se debería de implicar a administración autonómica, a Xunta de Galicia, e deberíase de implicar máis cos veciños e coa cidadanía, sobre todo cando falamos de saúde”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...