InicioMedioambiente e PatrimonioA seca chega á montaña de Lugo: Becerreá chama ao consumo "racional"...

A seca chega á montaña de Lugo: Becerreá chama ao consumo “racional” de auga

O alcalde, Manuel Martínez, apunta que "as traídas de auga e as captacións baixaron moitísimo, e máis da metade das fontes están cun caudal mínimo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A seca chega á montaña de Lugo. Así, o Concello de Becerreá enviou un bando a todas as parroquias e núcleos de poboación no que se recomenda un uso responsable e “racional” da auga.

O alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, explicou que se busca un “consumo racional, que se evite o baldeo e a rega de hortas“, entre outros consellos. “Son recomendacións mínimas que permitirán que os veciños non teñan ningún problema coa auga”, proclamou.

Martínez apuntou que “as traídas de auga e as captacións baixaron moitísimo, e máis da metade das fontes están cun caudal mínimo”. “No Concello de Becerreá non existen graves problemas de abastecemento de auga”, garantiu.

O alcalde de Becerreá confirmou que “a capitalidade do municipio está ben, sen ningún problema”. “No resto de pobos estamos a abastecer a unha casa no núcleo de Neira de Rei, tirando cara o Cádavo”, apunta. “Agora tamén se está mirando un depósito, que chamaron onte que quedaron sen auga, co cal ou secou a fonte ou o consumo é maior. Liquidarase no día de hoxe”, agrega.

Aínda que non hai “problemas” coa subministración, aplícanse restricións. “Enviamos un bando a todas as parroquias e núcleos de poboación para que o consumo sexa racional e dedicado a temas importantes. No bando aconséllase que se evite o baldeo, ou regar as hortas. Son consellos mínimos que permitirán que os veciños de Becerreá non teñan ningún problema coa auga”, sentenciou Martínez.

Continúa a lista de municipios afectados pola seca na provincia de Lugo, coa comarca sur como a zona con máis problemas, xa que se aplican restricións en Pantón, Taboada ou Ribas do Sil, entre outros concellos.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...